concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

Prevención e defensa contra os incendios forestais

Dende o concello vamos a realizar unhas charlas informativas con motivo da limpeza das fincas para a loita, prevención  e defensa contra os incendios forestais. Este vindeiro sabado, 28 de Abril de 2018 teremos a primeira das charlas no local social de Pereiras. A mesma será impartida por D. Luis Menor, director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. Tamén contaremos coa colaboración de D. José Antonio Barros, membro do GES de Pereiro de Aguiar.

Leer más >

Programa de regeneración e renovación urbanas no ámbito del Área de Rehabilitación Integral dos camiños de Santiago

Estas subvencións están destinadas a financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas ubicadas no ámbito do ARI do camiño de Santiago. Dentro do que é o noso Concello a zona afectada é a parroquia de Santiago da Rabeda. Para máis información dirixirse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Leer más >

Axudas para rehabilitación de infravivenda 2018

No marco do plan Rehavita, plan de rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso a vivenda, a Xunta de Galicia destinará este ano 300.000,00 Euros. As axudas son para as  vivendas que se encontren en mal estado de conservación e os propietarios non dispoñan de recursos económicos para acometer as obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade. Para máis información dirixirse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Leer más >