concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

Nadal solidario

Hoxe preparamos os lotes de comida cos donativos da Campaña Nadal Solidario en Taboadela, grazas aos donativos de todas as persoas e entidades que colaboraron nestas datas dun xeito desinteresado co noso Concello, aportando solidariedade nun momento tan especial como é o Nadal. Mañá realizarase a entrega a aquelas persoas e familias do concello, que están a pasar por unha situación de precariedade, que en moitos casos veuse agravada pola situación provocada pola COVID-19.O concello mostra satisfacción polo arranque…

Leer más >

Actividades dirixidas segundo trimestre

Abrimos o prazo de inscrición, para o segundo trimestre, ata o día 11 de xaneiro. As actividades que se están ofertando son: Adultos: Ximnasia de mantemento: martes 18:00h Pilates: martes 19:00h Zumba: martes 20:00h Tiro con arco: domingos 11:00h Infantís: Fútbol sala: mércores 19:00h (*grupo completo: os interesados poden anotarse en lista de agarda chamando ao concello ao Tfno: 988 439315) PROCESO DE INSCRICIÓN: Renovación (Alumnos xa inscritos) deberán facer o pago trimestral e enviar o xustificante do ingreso…

Leer más >

Actividades infantís de Nadal

Atendendo a varias demandas ofrecemos a posibilidade de Inscribir aos nenos nas actividades que organizamos en horario de mañá (10:00 a 12:00) ou en horario de tarde (17:00 a 19:00) os días sinalados no calendario da fotografía. Actividades de balde para os empadroados( aforo máximo 6 nenos). Para elo deberán cubrir unha pequena Ficha de Inscrición e a Autorización Responsable do Covid – 19 que atoparedes nos ligazons anexos. Toda a documentación será entregada na Biblioteca de forma presencial…

Leer más >

Nadal en Taboadela

Xa comezamos coas nosas decoracións na Praza do concello. Pouco a pouco iremos creando un lugar máxico que agardamos poidades disfrutar en familia. Grazas a aqueles que estades colaborando con entusiasmo coas vosas aportacións. Lembrade que pasamos a recoller o que faga falta cando nos digades. Seguiremos decorando estes días se a choiva nos dá unha tregua… Non esquezades que podedes participar no nadal solidario aportando alimentos nos puntos de recollida ata o día 20. O día 19 Papá…

Leer más >

BASES PARA A SELECCION DO ALUMNADO-TRABALLADOR DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO «CONCELLOS RURAIS DA COMARCA DE OURENSE: BARBADAS, SAN CIBRAO, TABOADELA E TOEN»

As persoas candidatas remitidas pola oficina de emprego deberan cumprir os requisitos mínimos previstos nos artigos 2 e 11 da Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2020. En total serán 20 alumnos/as- traballadores dos cales corresponden a cada Concello participante as prazas que se indican a continuación:-Barbadás:…

Leer más >

Visita a Papá Noel

O nadal xa está aquí e Papá Noel prepárase para visitar Taboadela.Por eso o concello activou un sistema de reservas anticipadas para visitar Papá Noel na Praza do concello, a través da web municipal para evitar as habituais colas e aglomeracións. Para garantir a seguridade e saúde das persoas que acudan á visita, en cumplimento da normativa vixente en materia de prevención e protección contra o coronavirus, establécese este sistema de cita previa, para garantir o control do aforo…

Leer más >

Nadal Solidario: Recollida de Alimentos

O Concello decidiu impulsar unha campaña de recollida de alimentos, a través de doazóns particulares e de empresas, asociacións e calquera que queira realizar unha achega.Este Goberno municipal é consciente de que a crise económica e social derivada da pandemia está provocando unha situación de empobrecemento de moita xente, o que leva a que moitas persoas e familias do noso concello se atopen con dificultades para conseguir alimentos. Con esta iniciativa preténdese minimizar esta situación. Dende mañá e ata…

Leer más >