concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

COMUNICADO || O CONCELLO DE TABOADELA NON REALIZARÁ ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Nos últimos días o concello está a experimentar un importante incremento de casos activos por Covid-19, así como de persoas que se atopan gardando corentena no seu domicilio e que, previsiblemente, provoquen un aumento significativo da incidencia da enfermidade. É por este motivo que, pensando exclusivamente na saúde de todos os veciños e veciñas, o Concello vén de acordar a suspensión dos festexos de Entroido e en consecuencia do Concurso de Disfraces, para evitar así calquera aglomeración de xente…

Leer más >

Feliz noite de reis

Os Reis Magos De Oriente xa pasaron a recoller as últimas cartas polo noso concello. Unha tarde chea de maxia, nervios, caramelos e moitos moitos sorrisos agochados , pero puidemos ver ollos cheos de ilusión! Lembrade irvos cediño a durmir para que lles de tempo de facer o reparto… FELIZ NOITE DE REIS !!!

Leer más >

Os Reis si pasarán por Taboadela

Estas son unhas festas atípicas marcadas pola pandemia de coronavirus, pero dende o Concello adiantamos que “os Reis si pasarán por Taboadela”. Así, o 5 de xaneiro de 2021, Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán por puntos seleccionados do Concello e recollerán todas as cartas que teñades para eles.Os horarios son aproximados pois xa sabemos que os reis sempre se retrasan un chisco… ¡Estade ben atentos para escoitalos chegar..! Aplicarase o protocolo Covid-19 polo que será obrigatorio manter a distancia…

Leer más >