concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

Actividades Semana Santa

A Biblioteca pon en marcha o seguinte calendario de Actividades para os máis cativos durante a Semana Santa. Será obrigatorio anotarse para ditas actividades, xa que temos aforo máximo. As inscricións realizaránse na Biblioteca Municipal ou por calquera canle que poñemos á vosa disposición máis abaixo O prazo de Inscrición nas actividades remata o venres día 26 de Marzo. Poderán anotarse a todas as actvidades ou a elas parcialmente. Para calquera dúbida ou consulta atendémolos nos puntos habituais. bibliotecataboadela@gmail.com…

Leer más >

Bando: LIMPEZA DE FINCAS E SOLARES. PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 2021

En cumprimento da Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais, comunícase que se vostede é titular/propietario de solares ou parcelas situadas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural, ten a obriga de mantelas nun axeitado esado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes do día 31 de maio de cada ano e do seguinte xeito: Primeiro.- Se a parcela se atopa dentro dunha franxa perimetral de 50 metros ao solo urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural, así…

Leer más >

Actividades dirixidas: 3º trimestre

Abrimos o prazo de inscrición, para o segundo trimestre, ata o día 6 de abril. As actividades que se están ofertando son: Adultos: Ximnasia de mantemento: martes 18:00h Pilates: martes 19:00h Zumba: martes 20:00h Tiro con arco: domingos 11:00h Infantís: Fútbol sala: mércores 19:00h (*grupo completo: os interesados poden anotarse en lista de agarda chamando ao concello ao Tfno: 988 439315) PROCESO DE INSCRICIÓN: Renovación (Alumnos xa inscritos) deberán facer o pago trimestral e enviar o xustificante do ingreso presencialmente…

Leer más >

Programa provincial de cooperación da Diputación de Ourense co Concello de Taboadela

Adhesión ao Programa provincial de cooperación da Diputación de Ourense co Concello de Taboadela en materia de mocidade para o exercicio 2021. Importe da subvención: 6.000, 00 € Adhesión ao Programa provincial de cooperación da Diputación de Ourense co Concello de Taboadela en materia de empregabilidade para o exercicio 2021. Importe da subvención: 20.000, 00 € Adhesión ao Programa provincial de cooperación co Concello de Taboadela e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes…

Leer más >

ROTONDA CRUCE DE SANTA LEOCADIA

Unha das primeira reunións institucionais que tivemos foi coa Xefatura Territorial de Infraestructuras e Movilidade, onde entre outras demandas, trasladamos a necesidade dunha rotonda no cruce da N- 525 coa estrada de Sta Leocadia. Hoxe, esa infraestructura está máis cerca de executarse, o que agradecemos á Consellería de Infraestructuras, e especialmente a Xefatura Territorial en Ourense polo trato recibido en todo momento.

Leer más >

ANUNCIO DE CONSULTA PÚBLICA

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de Ordenanza Municipal sobre AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL CONCELLO DE TABOADELA, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de: a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa….

Leer más >

I Certame literario infantil e xuvenil

No presente ano 2021 o Concello de Taboadela xunto coa Biblioteca Municipal organizamos un Certame de Relato Curto, dirixido aos mozos e mozas entre 8 e 17 anos, coa intención de fomentar a escritura e a lectura en galego entre os máis novos. O día das letras Galegas anunciaremos os gañadores! É unha iniciativa innovadora dentro do noso concello que vemos moi necesaria, pois a lectura e, sobre todo a arte de escribir, estanse vendo substituídas nos últimos tempos…

Leer más >

Aumento de poboación en Taboadela

O xornal «La Región» faise eco do aumento de poboación que está a experimentar o noso concello. En soamente seis meses o noso municipio aumentou en 40 habitantes, o maior incremento en toda a área metropolitana, con case un 3% de crecemento. A pandemia, a proximidade a cidade e ao polígono industrial asi como e as sabidas ventaxas de vivir no rural son uns dos moitos motivos que están a levar a moita xente a voltar ás aldeas. Como…

Leer más >

NOVAS MEDIDAS dende o venres 5 de marzo

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión de hoxe, abrir o peche da área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.O concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo.As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño,…

Leer más >