Abre o prazo de inscrición para o servizo madrugadores na EEI Os Penediños


‼️ Prazo ata o 7 de setembro.

Co servizo de madrugadores pretendemos continuar cun recurso complementario, que podemos encadrar dentro das liñas de apoio á familia e conciliación da vida familiar e laboral no Concello de Taboadela.

O programa MADRUGADORES, vai consistir na ampliación do horario de apertura do EEI Os Penediños de Taboadela durante o curso escolar 2021/2022 durante todos os días lectivos do curso.

O servizo, prestarase durante os días lectivos do curso escolar na franxa anterior ás actividades docentes diarias.

Comezará a prestarse ás 8:00 horas da mañá. As nenas e os nenos poderán incorporarse o servizo a partires desa hora en función das necesidades da familia e atendendo á conciliación da vida familiar e laboral.

Obxectivos

Os obxectivos que nos marcamos con este servizo de madrugadores son:
Dar resposta á demanda social así como ás necesidades familiares de conciliación coa vida laboral tanto das nais como dos pais do Concello de Taboadela.
Planificación por parte dos responsables do programa de actividades e tarefas durante o tempo que dura o programa e axudar con isto a fomentar as relacións de convivencia e cooperación entre as nenas e os nenos que participan no mesmo.

¿A quen vai dirixido este servizo?
Alumnado da EEI Oa Penediños de Taboadela

As familias que desexen acollerse a este servizo, deberá cumprimentar a folla de inscrición dispoñible nas oficinas do Concello de Taboadela ou na páxina web do concello.

Documentación necesaria:

Ficha de inscrición
Xustificante de pago