concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

NOTICIAS

Programa de regeneración e renovación urbanas no ámbito del Área de Rehabilitación Integral dos camiños de Santiago

Estas subvencións están destinadas a financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas ubicadas no ámbito do ARI do camiño de Santiago. Dentro do que é o noso Concello a zona afectada é a parroquia de Santiago da Rabeda. Para máis información dirixirse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Leer más >

Axudas para rehabilitación de infravivenda 2018

No marco do plan Rehavita, plan de rehabilitación, alugueiro e mellora do acceso a vivenda, a Xunta de Galicia destinará este ano 300.000,00 Euros. As axudas son para as  vivendas que se encontren en mal estado de conservación e os propietarios non dispoñan de recursos económicos para acometer as obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade. Para máis información dirixirse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Leer más >

Prestación para fillos adoptados ou acollidos

Todas aquelas persoas con fillos menores de 3 anos a 1 de Xaneiro de 2018 e tamén aquelas con fillos adoptados ou acollidos entre o 31/12/2016 e o 31/12/2017 poden solicitar unha prestación económica a través do departamento de Servizos Sociais do Concello. Prazo para a presentación de solicitud da prestación dende o 1 de Febreiro  ata o 21 de Marzo de 2018.

Leer más >

Programa de Termalismo Social 2018

Xa está aberto o Programa de Termalismo Social 2018 nos balnearios da provincia de Ourense. Poden disfrutar deste programa todas aquelas persoas cuxo solicitante teña 50 ou máis anos. Tamén hai un programa de estancia de fin de semana para os maiores de 18 anos. Para máis información dirixirse o departamento de Servizos Sociais do Concello.

Leer más >