Aumento de poboación en Taboadela


O xornal «La Región» faise eco do aumento de poboación que está a experimentar o noso concello. En soamente seis meses o noso municipio aumentou en 40 habitantes, o maior incremento en toda a área metropolitana, con case un 3% de crecemento. A pandemia, a proximidade a cidade e ao polígono industrial asi como e as sabidas ventaxas de vivir no rural son uns dos moitos motivos que están a levar a moita xente a voltar ás aldeas. Como mostra deste cambio ao rural entrevistaron aos nosos veciños Olga e Rogelio.

👏