Nadal Solidario: Recollida de Alimentos

O Concello decidiu impulsar unha campaña de recollida de alimentos, a través de doazóns particulares e de empresas, asociacións e calquera que queira realizar unha achega.Este Goberno municipal é consciente de que a crise económica e social derivada da pandemia está provocando unha situación de empobrecemento de moita xente, o que leva a que moitas persoas e familias do noso concello se atopen con dificultades para conseguir alimentos. Con esta iniciativa preténdese minimizar esta situación. Dende mañá e ata…