Axudas os menores de 35 anos para a compra de vivenda nos concellos de menos de 5000 habitantes

A liña de axudas destinada a fomentar a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes por parte de menores de 35 anos tamén está dotada para este ano cun orzamento global de 800.000 euros.
A fecha para a portar a presentación das solicitudes remata o vindeiro 31 de octubre.

As condicións que deben cumprir as vivendas neste caso son:

  • Estar emprazada nun concello de menos de 5.000 habitantes.
  • Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto nova como usada.
  • O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, será igual ou inferior a 100.000 euros.

O importe máximo das axudas será de 10.800 euros, sen que poidan superar o 20% do custo da vivenda.

Condicións para ser beneficiario

Para poder acceder a calquera destas dúas convocatorias, os interesados deberán ter menos de 35 anos de idade na data de presentación da solicitude, acreditar a súa nacionalidade española ou que ten residencia legal no país, subscribir un contrato privado ou unha escritura pública de compra con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano, e dispoñer duns ingresos anuais, por parte das persoas que compoñen a unidade de convivencia, iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem).

Excepcionalmente, os ingresos poderán chegar a catro ou cinco veces o Iprem no caso de familias numerosas e persoas con discapacidade.
Todos os beneficiarios destas dúas liñas de axudas para adquisición de vivenda deberán destinar o inmoble en cuestión á súa residencia habitual e permanente durante un mínimo de cinco anos desde a formalización da operación de compra.

Adquisición en centros históricos

A axuda destinada a fomentar a adquisición de vivendas en centros históricos por parte do colectivo de menores de 35 anos está dotada este ano cun orzamento de 800.000 euros.

As vivendas para as que se solicite a axuda deberán cumprir coas seguintes condicións:

  • Estar emprazada nun centro histórico dos enumerados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convocou esta liña de subvencións.
  • Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto nova como usada.
  • O prezo de adquisición non superará ao dunha vivenda protexida de 120 metros cadrados, de réxime concertado, no mesmo concello. Se a vivenda dispón de garaxe e/ou rocho, o prezo máximo incrementarase nun 8% e nun 2% respectivamente. Isto supón que o prezo máximo dunha vivenda con garaxe e rocho na cidade de Ourense será de 234.131 euros e no resto de concellos da provincia de 180.100 euros.

O IGVS subvencionará con ata 12.800 euros a adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos nos centros históricos das sete grandes cidades e con ata 10.800 se a vivenda se empraza na zona monumental de calquera outro concello galego. O importe da axuda non poderá superar, en todo caso, o 20% do prezo de adquisición.

Descargar a publicación da orden no DOGA

Search