Axudas para incentivar o desenrolo económico do municipio de Taboadela


Aberto proceso de solicitude de axuda a través do fondo social europeo, en colaboración do concello de Taboadela ca deputación provincial de Ourense para incentivar o desenrolo económico do municipio e impulsar o cambio da situación demográfica comprometida dos últimos anos no concello, para fixar proxectos de autoemprego ou emprendemento colectivo e que conta con financiamento mensual para a implantación de calquera tipo de proxecto.

Apoiaranse iniciativas de autoemprego lideradas por mozo/as do concello cunha subvención mensual de 675 € durante 12 meses.

Todo isto dentro do marco do programa operativo de emprego xuvenil do fondo social europeo.

Requisitos iniciais:

  • Idades comprendidas entre 16 e 29 anos
  • Ser demandante de emprego antes de constituírse como autónomo/a ó longo de 2020.
  • Haberse dado de alta ó longo do ano 2019 como autónomo/a.
  • Non é necesario xustificar inversións previas ou ingresos previos de haber iniciado algunha actividade anterior a xaneiro de 2020.
  • Bonificable a partir dos 6 primeiros meses despois de darse de alta, e cada 3 a partir dese periodo, ata decembro de 2020. Carácter retroactivo para os casos de autónomos do 2019.