concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

Saúdo do alcalde


Queridos veciños e veciñas:

Quero darvos a benvida a este espazo virtual do Concello de Taboadela, sendo un motivo de orgullo e satisfacción, presentar a través de esta páxina web, un lugar dinámico e acolledor, moderno e aberto ó mundo, para ofrecer cada día mais e mellores servizos ós cidadáns co firme obxectivo de resultar atractivo para todo aquel que queira visitalo ou invertir nei.

Esta páxina constitúe unha vía de comunicación do Concello de Taboadela para os seus veciños e visitantes. Nunha sociedade como a actual, sen fronteiras, na que a información flúe de forma inmediata, áxil e transparente, este portal contén a información da actividade e dos servizos municipais demandados polos cidadáns.

O Concello de Taboadela é a suma de tódolos seus pobos baixo un único fin, mellorar en calidade os servizos públicos e por ende a calidade de vida dos nosos veciños, ao que nos debemos o meu equipo e máis eu.

O meu compromiso e o deste grupo de goberno, é facer de Taboadela un Concello modelo de vida e xestión, aberto e participativo, sostible e transparente, coas miras postas no mellor futuro posible para deixarlle os que virán.

Grazas pola confianza, estou a vosa disposición, as portas do Concello e as miñas, sempre estarán abertas para recibir a todo o mundo.

Un cordial saúdo para tod@s.