BANDO INFORMATIVO


D. ÁLVARO VILA ARAUJO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE TABOADELA (OURENSE).

Pola presente FAGO SABER:

Que a Corporación Local acorda que se adopten as seguintes medidas en materia de saúde pública, en relación coas actividades e servizos públicos locais, con motivo da situación actual provocada polo COVID-19, e polo tanto, SUSPENDESE, A PARTIR DE MAÑÁ, DURANTE 15 DÍAS, TODAS AS ACTIVIDADES E USOS DOS SEGUINTES CENTROS MUNICIPAIS:

  • ACTIVIDADES ZUMBA, PILATES, FÚTBOL SALA, TIRO CON ARCO, E OUTRAS ACTIVIDADES DE CARÁCTER FORMATIVO, LÚDICO, OU FESTIVO QUE SUPOÑAN CONCENTRACIÓN DE PERSOAS EN DEPENDENCIAS DE VÍA PÚBLICA.
  • ESCOLA INFANTIL.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL.
  • CAMPO DE FÚTBOL.
  • PAVILLÓN DEPORTIVO.
  • RECOMENDAR A NON CELEBRACIÓN DE ACTIVIDADES E FESTAS PRIVADAS.

AS OFICINAS DO CONCELLO ESTARÁN EN SERVICIOS MÍNIMOS, PARA QUE OS USUARIOS CUNHA NECESIDADE URXENTE E IMPRORROGABLE POIDAN ACUDIR A ELAS.  Ó RESTO DOS CASOS DEBERÁN ESPERAR 15 DÍAS INICIALMENTE.

ROGAMOS QUE UTILICEN A SEDE ELECTRÓNICA, (https://taboadela.sedelectronica.gal) do CONCELLO PARA FACER AS SUAS PETICIÓNS OU REALIZAR CALQUERA TIPO DE TRÁMITE QUE DEBA RESOLVER ESTA ADMINISTRACIÓN.

ROGAMOS AS PERSOAS MAIORES OU CON PATOLOXÍAS VARIAS QUE EVITEN SAIR DAS SUAS CASAS.
PARA INFORMACIÓN EN CASO DE SÍNTOMAS CHAMAR O TLF: 900400116

A Corporación Local fai un chamamento á responsabilidade persoal dos veciños de Taboadela, mantendo a calma e evitando desprazamentos na medida do posible.

Taboadela, 12 de marzo de 2020