BASES CONCURSO DE DISFRACES E COMPARSAS DO ENTROIDO 2020


O concello de Taboadela convoca un concurso de disfraces para comparsas, disfraces individuais para adultos e nenos que se celebrará con motivo do Entroido 2020, o sábado 22 de febreiro, ás 17:00 horas, no Polideportivo de Taboadela.

A inscrición dos participantes farase nas oficinas do Concello de Taboadela, en impreso normalizado para este fin, dende o día 24 de xaneiro ata o día 19 de febreiro de 2020 en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Requisitos de participación
A participación está aberta a todas as persoas interesadas. Nas solicitudes de participación deberán figurar o nome do disfraz individual ou comparsa. A participación no concurso implica a aceptación das bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

Modalidades de participación
As modalidades nas que se pode participar no concurso son:
Comparsas: estarán compostas por un mínimo de 6 persoas
Individual infantil; ata os 14 anos incluídos
Individual adultos: a partir dos 16 anos

Bases do concurso

Modelo de autorización de menores

Formulario de inscripción en concurso