Biblioteca

A biblioteca municipal está situada no edificio do centro de saúde, na segunda planta, con acceso lateral pola entrada da Escola Infantil «Os Penediños».

O horario de atención ao público é de luns a venres de 9:00 a 10:00h e de 17:00 a 19:00 h.

Na biblioteca contamos cun volume de fondos de 3000 títulos aproximadamente e acceso a internet gratuito.

A biblioteca está a día de hoxe integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia o que nos permite ofertar un servizo de calidade ao cidadán, optar á subvencións e buscar melloras no servizo. Iremos ampliando día a día, sempre buscando cubrir e axustarse as demandas dos/as usuarios/as.

Entre os servizos que se ofrecen, entre outros que van surxindo pouco a pouco:

  • Préstamo de libros e consulta en sala. O servizo de préstamo da biblioteca permite a cada socio/a sacar 2 exemplares por un prazo de 21 días renovables a outros 21 ou ben mediante a web na rede de bibliotecas ou chamando por teléfono.
  • Campañas de animación á lectura ao longo do ano.
  • Clases de reforzo para primaria e secundaria.

REFORZOS EDUCATIVOS 2026

O Concello de Taboadela organiza os “Reforzos escolares” coa finalidade de proporcionar unas horas de estudo aos estudantes do municipio e axuda nas tarefas escolares durante o curso 2026/2027.
Cremos necesario dinamizar o concello e a biblioteca municipal con actividades deste estilo, fomentando o estudo, lectura, comprensión e axuda a aquela rapazada que o precise, dentro das nosas capacidades

NÚMERO DE PRAZAS:
O número de prazas co que contarán os “Reforzos” será de 6 para Primaria e outros 6 para Secundaria.

 INICIO E FINALIZACIÓN
Iniciaránse os Reforzos na primeira semana de outubro e rematarán a penúltima semana do mes de Xuño. Os días non lectivos, Pontes, vacacións, etc. Non haberá clases.

 PERSOAS DESTINATARIAS:
Requisitos. Poderán solicitar a súa participación no os nenos e nenas entre 6 e 16 anos de idade.

Soamente para Empadroados no Concello de Taboadela.

LUGAR DE CELEBRACIÓN E HORARIO
Realizarase no espazo da Biblioteca Municipal, os MARTES e XOVES con horario de 17:00h a 18:00h.

O prezo de unha hora semanal será de 20€ anuais, podendo aumentar a 2h semanais co prezo simbólico de 40€ anuais. O horario non será modificable, así como as datas. Se os usuarios o prefiren pódense xuntar as dúas horas semanais nun único día da semana que
serán os MARTES, nese caso o horario sería de 17:00h a 19:00h.
SOLICITUDES
A solicitude para os beneficiarios formalizarase no formulario normalizado que figura
como “Solicitude Reforzos Curso 2026/2027”, e que estará dispoñible nas dependencias
da Biblioteca Municipal e na web do concello de Taboadela,
www.concellodetaboadela.com, e serán presentadas no Rexistro Xeral do Concello de
Taboadela, de luns a venres en horario de 09:00 horas a 14:00 horas, e luns pola tarde de
16:00-20:00 horas. (Praza do Concello).
Unha vez realizada a solicitude e confirmada a aceptación do alumno/-a deberase entregar
nas dependencias municipais ou na Biblioteca o xustificante de pagamento das clases
antes do comezo das mesmas. De non ser así non poderán acceder aos reforzos.

 PRAZOS
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día 9 de Setembro e rematará 30 do
mesmo mes, ámbolos dous incluídos. Fóra de prazo aceptaranse solicitudes de novo
ingreso no servizo cando existan circunstancias sociofamiliares especiais, debidamente
xustificadas e haxa plazas. En función das baixas que se produzcan na actividade, os
nenos/as accederán aos reforzos seguindo a orde na que figure na listaxe.
 INFORMACIÓN ADICIONAL
As bases para os REFORZOS ESCOLARES da presente convocatoria se atopan no
taboleiro de anuncios do Concello de Taboadela e na páxina Web do Concello.
A hora de entrada máxima será ás 17:10 (para non interrumpir o normal desenvolvemento
do estudo) e a hora de recollida dos nenos efectuarase a partir das 18:00h dando un prazo
de cortesía de 15min: é dicir á hora de saída será a máis tardar ás 18:15h. Isto realízase deste xeito para non pertubar o normal funcionamento da Biblioteca.
No caso de que os usuarios escollesen a opción de realizar as dúas horas os mércores o
horario de entrada será ás 17:00h, dando un prazo de cortesía de 10 min a partir desa hora,
para non interrumpir o normal desenvolvemento do estudo. A hora de recollida efectuarase
a partir das 18:50 sendo a hora de recollida máxima ás 19:00h.
No caso de que o comportamento dun neno/a afecte ao normal funcionamento da
actividade, procederase a avisar a familia e a dar o/a neno/a de baixa.