Bolsa de vivendas/fincas/locais en venta ou aluguer no noso concello

Dun tempo a esta parte, son varias as persoas que nos teñen preguntado por casas en venta ou en aluguer, listas para entrar a vivir ou tamén casas para reformar no noso concello.

Co desexo de canalizar un mercado en alza, poñemos a disposición dos veciños, que así o desexen, os servizos do concello e a súa páxina web para divulgar e promocionar aqueles inmobles que nos fagades chegar, tanto para a venta coma para aluguer.

▪︎ Realizaremos unha ficha do mesmo, e un informe do arquitecto se fose necesario. Tamén terían cabida as fincas urbanizables que se desexen por en venta.

▪︎ O único trámite necesario para dispor deste servizo é o de cumprimentar unha solicitude e asinala.

Prema na ligazón para descargar o documento adxunto.

Search