CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA


A campaña diríxese a 2.000 veciños daqueles concellos da provincia de Ourense que teñen a súas competencias delegadas na Deputación, entre os que se atopa concello de Taboadela.A idea, é facer unha primeira visita para formar aos participantes e facilitarlles os medios necesarios para poder facer compós correctamente nos seus fogares, para posteriormente, facerlles varias visitas de seguimento, que permita resolver dúbidas e acompañar aos veciños no seu proceso de aprendizaxe.

A reciclaxe da materia orgánica en orixe, ademais de dar como resultado un abono natural de excelentes propiedades fertilizantes para o solo (xardíns, hortas e terras de cultivo), permite diminuír a frecuencia de recollida do contedor convencional, así como evitar o coste operacional que suporía implantar a recollida dun quinto contedor específico para a fracción orgánica.

Para solicitar a inclusión no programa o usuario debe ter a súa primeira residencia en Taboadela, un mínimo de 50 metros cadrados de horta, non haber participado noutras edicións e o compromiso de estar presente nas visitas previstas na campaña.

A solicitude debe realizarse no concello de 9.00 a 14.00, ata o 30 de xuño.

Mais info neste enlace:

Nas oficinas do concello de Taboadela

Depourensecomposta@depourense.es

Tfno: 988 317 687