concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO E PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021 NO CONCELLO DE TABOADELA

PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021 “MELLORA DO CAMIÑO DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLA SDENDE O NÚCLEO DE SILVOSO A SILVOSIÑO” Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESARROLLO RURAL(FEADER), ao amparo do PROGRAMA DE DESARROLLO RURAL (PDR) DE GALICIA.

Leer más >

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) DO CONCELLO DE TABOADELA

Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible Frear o cambio climático Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)– PROGRAMA OPERATIVO– FEDER GALICIA 2014-2020 Unha maneira de facer Europa

Leer más >

Decoremos para o Nadal

Este ano gustarianos crear unha praza chea de ambiente navideño e maxia no noso concello, promovendo a concienciación medioambiental. Decoraremos a nosa Praza do Concello e para eso pedimos a vosa colaboración. A idea é ser creativos e aportar decoracións feitas a man con materiais naturais e/ou reciclados. Animámosvos tamén a decorar as vosas aldeas e a enviarnos fotos que publicaremos. O prazo de entrega será o día 12 de decembro. Se non o podedes traer chamade ao concello…

Leer más >

Inspección técnica de AGRICOLAS

Comunicámoslle que a Unidade Móbil 5 de inspección técnica de AGRICOLAS desplazarase ao noso Concello de TABOADELA na seguinte data e ubicación: O 07/12/2020 Explanada igrexa – LAMA DE PRADO (Taboadela) horario só de mañá. Para solicitar cita previa: Por teléfono: 902 30 90 00 A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada áposibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Leer más >

Actualización casos COVID

Comunicamos que a día de hoxe xa non temos ningún caso activo no noso concello.Unha moi boa nova, pero non por eso debemos relaxar as medidas de protección e prevención. Recordamos polo tanto a todos os veciños e veciñas a importancia de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, DISTANCIAMENTO SOCIAL, USO DE MÁSCARA E HIXIENE DE MANS. Informaremos puntualmente de todas as novidades ou de novos casos que poidan aparecer.

Leer más >

Restricións

O Concello de Taboadela , pertence ao grupo das Comarcas de Ourense, polo que as novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia, son as seguintes a partir do xoves ás 00:00 h: Ocupación ao 50% nos locais. Máximo reunións de 10 persoas tanto privadas como na vía pública. Prohibido consumir en barra nos establecementos de restauración e hosteleiros. Redución de aforos en celebracións, velorios e lugares de culto. E sobre todo sentido común nos desplazamentos , prudencia e responsabilidade…

Leer más >

Actividades dirixidas

As persoas que fixeron a reserva de praza e/ou as persoas interesadas deben entregar o formulario de inscrición e realizar o pago.No mesmo formulario indicase o número de conta para realizar o pago trimestral.En concepto sinalar o nome e as actividades elexidas. Debedes entregar o formulario cuberto xunto co xustificante de realizar o pago. Podedes traelo en persoa, enviar por whatsapp ou por correo electrónico concello.taboadela@eidolocal.es. O inicio das clases será o próximo: ➡️ 4 de outubro para Tiro…

Leer más >

Información sobre Coronavirus en Taboadela

O Concello do Taboadela acaba de recibir por parte das autoridades sanitarias a confirmación dun brote con 5 persoas positivas, de coronavirus no noso Concello. Neste momento están en seguimento domiciliario, controlados e confinados no seu domicilio.En colaboración coas distintas administracións ofrecemos todo tipo de acuda que poidan precisar (compra, medicamentos…) Recordamos a todos os veciños e veciñas a importancia de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, DISTANCIAMENTO SOCIAL, USO DE MASCARILLA E HIXIENE DE MANS. Informaremos puntualmente de…

Leer más >

Clube de Lectura

A Biblioteca Municipal de Taboadela organiza un clube de lectura, para todos os públicos.A primeira xuntanza será o vindeiro luns, día 28. Biblioteca Municipal Ás 18:00 h Nela coñeceremos o funcionamiento do clube, o número de persoas interesadas e programaremos algunha lectura inicial. Prégase confirmar asistencia: 988 20 95 66 bibliotecataboadela@gmail.com

Leer más >