concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

Listado de admitidos nas actividades deportivas

Listados de admitidos nas actividades que se desenvolverán a partir do próximo 7 de octubre no pavellón municipal de Taboadela. Prazo de reclamación para modificacións  ata o próximo mércores 09 de outubro. Aínda quedan prazas libres en todas as actividades, excepto en Zumba os luns. Admitidos en futbol sala. Ver lista Admitidos en pilates. Ver lista Admitidos en Zumba. Ver lista. Admitidos en tiro con arco. Ver lista. Admitidos en ximnasia de mantemento. Ver lista.

Leer más >

Axudas para a adquisición de equipamentos deportivos e para persoas emigrantes retornadas

Aprobación das bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas. Prazo de presentación ata o 31 de outubro de 2019. Ver anuncio en: https://www.xunta.gal/dog/P ublicados/2019/20190930/AnuncioG0244-230919‐0002_gl.html Concesión de subvencións en réxime de concurrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos. Prazo de presentación de solicitudes será dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Ver anuncio en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190927/AnuncioG0244 ‐230919‐0001_gl.html

Leer más >

Proba automovilística II Subida a Taboadela

Despois de 14 anos da  primeira subida ó alto de Taboadela, dende o concello, a través da recentemente creada Escudería Taboadela, apoiamos a recuperación desta proba automovilistica,  que no seu día tivo moita aceptación pública. As datas serán o 2 e 3 de novembro de 2019, e é valedeira para o campeonato galego de montaña. Esperamos que os nosos veciñ@s desfruten eses días da paixón que desperta o ruxir dos motores. Aproveitamos tamén dende o concello para solicitar voluntari@s…

Leer más >

OFERTA DE ACTIVIDADES DIRIXIDAS 2019/2020

Informamos das diferentes actividades e posibles horarios que se ofertarán de Outubro a Xuño, tanto para adultos coma para nenos (ver o listado). Todas son de 1 hora semanal con posibilidade de 2 horas se sefai grupo. As actividades deportivas (ver o listado) realizaranse todas no pavillón, as restantes serán na futura biblioteca que se está acondicionando no segundo andar do Centro Médico. O prezo é mensual: 5 €/ clase empadroados e 10 €/ clase non empadroados. Grupo mínimo…

Leer más >

Axudas os menores de 35 anos para a compra de vivenda nos concellos de menos de 5000 habitantes

A liña de axudas destinada a fomentar a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes por parte de menores de 35 anos tamén está dotada para este ano cun orzamento global de 800.000 euros. A fecha para a portar a presentación das solicitudes remata o vindeiro 31 de octubre. As condicións que deben cumprir as vivendas neste caso son: Estar emprazada nun concello de menos de 5.000 habitantes. Que se trate dunha vivenda xa construída, tanto…

Leer más >

I Semana Cultural de Taboadela do 2 ao 7 de Setembro

Desde o 2 ao 7 de Setembro terá lugar a I Semana Cultural de Taboadela, na que están previstas diversas actividades para todos os públicos. Todas son gratuítas e realizaranse na Praza do Concello, a excepción da visita á Casa- Taller do escultor Xosé Cid, con taller de barro, que será na Pousa, en Sta.Leocadia e previa inscrición nas oficinas do Concello, por teléfono ou vía email.. Descargar programa completo. Importante: A programación pode sufrir cambios, que se comunicarán oportunamente….

Leer más >