Contratación temporal dun/dunha traballor/a social para os Servizos Sociais

BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL PARA OS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DO CONCELLO DE TABOADELA

Teñen por obxecto as presentes bases reguladoras a contratación temporal polo sistema de concurso de méritos dun/dunha traballor/a social a media xornada para os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Taboadela.

A presente convocatoria ten en conta o principio de igualdade de trato entre homes e mulleres polo que se refire ao acceso ao emprego de acordo coa Constitución e á Lei de Igualdade. Os interesados deberán presentar as solicitudes nos Rexistros Xerais do Concello ata as 14:00 horas do décimo día hábil seguinte ao da publicación do correspondente anuncio nos Taboleiros de Anuncios e na Páxina Web do Concello.

Dita contratación está financiada pola subvención do Plan Concertado, ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Enlace as bases reguladoras

Enlace a anexo das bases reguladoras

Search