Cribado covid 19

Finaliza o cribado que se realizou esta tarde no pavillón municipal do noso concello.

Rematado o cribado de asintomáticos en Taboadela, dá un resultado de 2 positivos aos que xa lle foi comunicado o resultado e deberán gardar corentena.

Estamos moi contentos e satisfeitos da alta participación que mostraron os veciños e veciñas. 442 persoas acudiron a súa cita dun total de 500.

Un 88,4 % de participación

Agradecemos a enorme asistencia e felicitamos a toda a xente da organización e ao persoal sanitario polo seu traballo, permitindo así que a xornada transcurise con total normalidade.

Seguro que o esforzo merece a pena e os resultados nos axuden a frear os contaxios! Prevención para así evitar máis contaxios.

Grazas por colaborar acudindo!

Search