Cribado do covid 19 en Taboadela

A Consellería de Sanidade notificou ao Concello de Taboadela que o próximo mércores 17 de febreiro se realizará un cribado do covid-19 con PCR, entre 500 veciños e veciñas do municipio entre 18 e 74 anos .
Según se nos informa mandarán a citación por sms e non se farán probas a ninguén que non fose citado.

As probas realizaranse no pavillón municipal de 16:00h a 19:00h.

O goberno local realiza un chamamento á poboación para que participe na realización das probas de detección, e lembra que será fundamental a colaboración dos que sexan convocados respetando os horarios e as indicacións que se establezcan para evitar aglomeracións e esperas innecesarias.

Search