E s q u i O U 2020

⛷⛷⛷E s q u i O U 2020⛷⛷⛷

Con esta actividade preténdese achegar o esquí aos nenos e nenas da provincia de Ourense. Para iso, o programa ESQUIOU ofrece un completo programa de actividades nas instalacións da Estación de Montaña Manzaneda, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias para nenos e nenas nados dende o 1 de xaneiro 2008 até o 31 de decembro de 2011 na provincia de Ourense, divididos en 8 quendas de 105 prazas cada unha. ⚠️Aconsellamos solicitar a quenda das Comarcas de Allariz, Maceda e Limia, que será do 27 ao 29 de xaneiro.

O prezo desta actividade é de 29 €, que se abonarán ao recibir o correo de confirmación nunha conta de Abanca, no prazo de 7 días e enviar xustificante de ingreso por correo.

As inscricións pódense realizar a través do correo electrónico: esquiou@depourense.es ata o día 15 de xaneiro de 2020 as 14.00 horas xuntando o formulario de inscrición do ano 2020 cuberto e a fotocopia do DNI do participante.⚠️Cómpre salientar que o método para seleccionar aos participantes será por riguroso orde de inscrición‼
Se precisas axuda diríxete ás oficinas do concello e nos encargamos de realizar a inscrición.

Mais información sobre o programa no siguente enlace:

https://deportes.depourense.es/wp-content/uploads/2019/11/ESQUIOU_2020.pdf?fbclid=IwAR06jBmdzGeaSGen5FT7znDJcFaDLrwwLIIuJNnB5uVjKqigJdxIGbIGwNI

Search