I Certame literario infantil e xuvenil

No presente ano 2021 o Concello de Taboadela xunto coa Biblioteca Municipal organizamos un Certame de Relato Curto, dirixido aos mozos e mozas entre 8 e 17 anos, coa intención de fomentar a escritura e a lectura en galego entre os máis novos. O día das letras Galegas anunciaremos os gañadores!

É unha iniciativa innovadora dentro do noso concello que vemos moi necesaria, pois a lectura e, sobre todo a arte de escribir, estanse vendo substituídas nos últimos tempos coa chegada da tecnoloxía entre a poboación máis nova.

O Certame nace co claro obxectivo de potenciar e por en valor a arte da literatura e, sobre todo, animar a que todos os mozos e mozas participen, quen sabe se de aquí sairá algún escritor coñecido mundialmente …

Prazo de presentación: dende o 12 de marzo ata o 10 de maio.

Ante calquer consulta ou dúbida podedes chamar á biblioteca:
?988 20 95 66
? bibliotecataboadela@gmail.com

As bases do Certame achéganse no seguinte documento (aquí).

Search