I Semana Cultural de Taboadela do 2 ao 7 de Setembro


Desde o 2 ao 7 de Setembro terá lugar a I Semana Cultural de Taboadela, na que están previstas diversas actividades para todos os públicos. Todas son gratuítas e realizaranse na Praza do Concello, a excepción da visita á Casa- Taller do escultor Xosé Cid, con taller de barro, que será na Pousa, en Sta.Leocadia e previa inscrición nas oficinas do Concello, por teléfono ou vía email..