Información sobre Coronavirus en Taboadela

O Concello do Taboadela acaba de recibir por parte das autoridades sanitarias a confirmación dun brote con 5 persoas positivas, de coronavirus no noso Concello.

Neste momento están en seguimento domiciliario, controlados e confinados no seu domicilio.
En colaboración coas distintas administracións ofrecemos todo tipo de acuda que poidan precisar (compra, medicamentos…)

Recordamos a todos os veciños e veciñas a importancia de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, DISTANCIAMENTO SOCIAL, USO DE MASCARILLA E HIXIENE DE MANS.

Informaremos puntualmente de todas as novidades ou de novos casos que poidan aparecer.

Search