Nadal en Taboadela

Xa comezamos coas nosas decoracións na Praza do concello. Pouco a pouco iremos creando un lugar máxico que agardamos poidades disfrutar en familia. Grazas a aqueles que estades colaborando con entusiasmo coas vosas aportacións. Lembrade que pasamos a recoller o que faga falta cando nos digades. Seguiremos decorando estes días se a choiva nos dá unha tregua…

Non esquezades que podedes participar no nadal solidario aportando alimentos nos puntos de recollida ata o día 20.

O día 19 Papá Noel visitará o noso concello e estará de 16:00H a 19:00H na Praza do concello. Debedes anotarvos a través do seguinte enlace:

https://app.saudeter.com/reservas_galileo/5fc4bc3638dae1005f3012d8

Search