V CERTAME
V CERTAME LITERARIO
V CERTAME LITERARIO CONCELLO DE TABOADELA
Neste ano 2025 celebrarase o V Certame Literario Concello de Taboadela dirixido aos
rapaces e rapazas; pero tamén aos adultos; co obxectivo de fomentar a lectura e a escritura
nas novas xeracións. Este Certame ten a modalidade de conto ou relato curto. As seguintes
son as bases que finalmente o rexen.
- Poden participar todos os menores e maiores de idade que así o desexen,
empadroados ou non no Concello, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre
que presenten escritos en lingua galega, orixinais e inéditos, non publicados en
ningún tipo de formato (incluído dixital) nin total nin parcialmente; non premiados
ou pendentes de fallo en outros concursos ou á espera de resposta dun proceso
editorial. O incumprimento desta primeira base descualifica automaticamente ao
participante. - Haberá tres categorías:
- A primeira delas para os mozos e mozas de entre 8 e 12 anos (ambos
inclusive). - A segunda delas para os mozos e mozas de entre 13 e 17 anos (ambos
inclusive). - A terceira delas para os adultos maiores de 18 anos.
- O tema será libre.
- O orixinal deberá estar mecanografado a un espazo de mínimo 1,5, utilizando un
tipo de letra Arial ou Times New Roman a 12 puntos. O documento será
presentado en A-4 por unha soa cara. Respectando as marxes non inferiores a
2,5cm en cada dirección (laterais e superior e inferior). - O orixinal da obra presentarase en formato dixital.
- Deberán enviar os documentos en formato PDF á
dirección: bibliotecataboadela@gmail.com - No asunto do mail especificarase “Para o IV Certame Literario,
Categoría ” indicando a categoría e a idade do mozo ou moza. - Nun PRIMEIRO ARQUIVO, en PDF, que estará denominado co
TÍTULO DA OBRA en maiúsculas (exemplo: “DON QUIJOTE DE
LA MANCHA”) acompañado do alcume do autor (exemplo: “DON
QUIJOTE DE LA MANCHA” Kuril). Esta información deberá de
estar presente, ademais, na portada do relato ou conto. - Non se aceptarán envíos que inclúan debuxos, fotos, links externos ou
calquera outro tipo de adorno alleo ao propio texto. - Nun SEGUNDO arquivo en formato PDF, denominado de novo co
título da obra en maiúsculas e o alcume enviaranse dentro do mesmo
os seguintes datos:
o Título da obra
o Alcume
o Nome e apelidos
o Data de nacemento
o Dirección completa
o Teléfono
o Correo electrónico - Como estes datos resultan esenciais para informar aos autores, se
inicialmente non son enviados completos, non será aceptada a
participación.
- Esixencias formais:
- O conto ou relato curto deberá de ter unha extensión mínima de 2
follas, tamaño A4.
o Para a primeira categoría (entre 8 e 12 anos) a extensión
máxima será de 3 follas.
o Para a segunda categoría (entre 13 e 17 anos) a extensión
máxima será de 6 follas.
o Para a terceira categoría (maiores de 18 anos) a extensión
máxima será de 15 follas. - Deberá de ter unha portada inicial. (Non computable para o mínimo ou
máximo de páxinas) Onde figure o TÍTULO DA OBRA e o alcume do
autor. - As páxinas deberán de estar debidamente numeradas na parte inferior.
- O incumprimento de calquera destas regras implicará a
descualificación.
- Adxudicaranse varios premios.
- Na categoría de 8 a 12 anos:
o Un primeiro Premio de: 70 euros
o Un segundo Premio de: 30 euros - Na categoría de 13 a 17 anos:
o Un primeiro Premio de: 70 euros.
o Un segundo Premio de: 30 euros
Na categoría de maiores de 18 anos:
o Un primeiro Premio de: 70 euros
o Un segundo Premio de: 30 euros. - Ademais todos os participantes que asistan á entrega de premios
recibirán un agasallo.
- O prazo de admisión dos orixinais será do día 28 de Marzo ao día 11 de Maio ás
23:59h. - O fallo será inapelable e se fará público mediante unha entrega de premios,
comunicada previamente a todos os participantes para que asistan a ela, e
anunciada nas redes sociais. A data previsible para dar a coñecer aos premiados
será na semana do 17 de Maio. Día das Letras Galegas. - O xurado estará composto por:
- Presidente: Xosé Antón Vila Sobrino, Investigador e Docente da
Universidade de Vigo. - Secretaria: Aida Menor Vila, Concelleira de Educación e Asuntos
Sociais - Vogal: David Vázquez Nóvoa, Administrativo da Biblioteca
Municipal.
- A organización deste Certame reservase o dereito de publicar ou publicitar
calquera das obras presentadas ao dito concurso. - O feito de concorrer ao “IV Certame Literario Concello de Taboadela” implica a
total aceptación destas bases, cuxa interpretación se reservan aos organizadores
deste certame e ao Xurado Calificador.
VI CONCURSO FOTOGRÁFICO

BASES DO VI CONCURSO FOTOGRAFICO DO CONCELLO DE TABOADELA
VI Concurso fotográfico organizado polo Concello de Taboadela co titulo de “OFICIOS E SABERES TRADICIONAIS” e que se rixe polas bases indicadas a continuación:
1.- PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso calquera persoa residente en España, con excepción dos membros do xurado, así como os empregados do Concello de Taboadela.
2.- TEMA: O tema do 6º concurso de fotografía do Concello de Taboadela será “OFICIOS E SABERES TRADICIONAIS”. As fotografias presentadas deberán reflectir a riqueza do patrimonio cultural e laboral transmitido ao longo do tempo, mostrando os oficios tradicionais e os coñecementos populares que forman parte da identidade do noso territorio. Poderán recoller escenas de traballos artesanais, labregos, gandeiros, carpinteiros, ferreiros, canteiros, costureiras ou calquera outra actividade ligada á tradición. O obxectivo é poñer en valor a dedicación, a habilidade e a sabedoría herdada xeración tras xeración, resaltando a importancia de conservar e transmitir estes saberes como parte fundamental da nosa historia e cultura.
3.- OBRAS: Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras, sendo orixinais e inéditas e non presentadas previamente noutros certames, sitios web ou calquera outro soporte dixital ou impreso.
4.- PRESENTACIÓN: Os traballos presentaranse a través da páxina de Facebook de Taboadela que os xestionará e difundirá:
- Enviando as fotos a este grupo
- Mail: taboadelaou@gmail.com
Será necesario acompañar cada obra cun título do mesmo, nome do autor e formulario de contacto.
5.- PRAZO DE ADMISIÓN: O prazo de presentación dos traballos estará aberto dende o 15 de abril ata o 30 de maio.
6.- PREMIOS:
- Primeiro premio: 200 euros e será a protagonista do calendario anual do
- Segundo premio 100 euros
- Terceiro premio 50
7. FALLO:
- Unha PRIMEIRA FASE (finalizará ou 30 de xuño do 2025 as 23:59 H) onde se seleccionará mediante votación popular na páxina de Facebook de Taboadela as 10 fotografías máis votadas, as cales avanzarán a unha segunda O proceso será o seguinte: todas as fotografías recibidas ata o 30 de maio serán exhibidas durante o mes de xuño. As 10 máis votadas durante ese período pasarán á segunda fase. Non serán computables os votos anteriores, só serán válidos os realizados durante o mes de xuño
- SEGUNDA FASE: O xurado elixirá os gañadores e os finalistas entre as 10 fotografía con máis votos Esta votación terá lugar durante o mes de xullo. Cada un das tres persoas que formen parte do xurado terá a posibilidade de rescatar unha fotografía que se sumará as 10 mais votadas, para a decisión final
A decisión do xurado terá lugar en xullo de 2025 e será comunicada expresamente aos gañadores.
8.- O XURADO: O xurado, formado por tres persoas, valorará a calidade técnica das obras, a composición, o tratamento da luz e os volumens na realización das fotografías, a calidade plástica das mesmas, as técnicas empregadas, así como calquera outra valoración que estimen oportuna.
9.- DEREITO DE AUTOR: As obras premiadas serán propiedade do Concello, sendo a propiedade intelectual e autoría do autor. O concello deberá facer constar en futuras reproducións impresas ou por calquera medio dixital o nome do autor.
10.- ACEPTACIÓN DAS BASES: A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e a decisión final do xurado.
11.-EXPOSICION: As 10 obras mellor valoradas polo xurado serán obxeto dunha exposición na “Casa de Oficios” do Concello de Taboadela, mencionarase nos créditos a autoría das fotografías.
12.-ENTREGA DE PREMIOS: O acto de entrega dos premios ás fotografías gañadoras será comunicada de maneira personal aos seus autores e acordarase con eles o acto de entrega, a data e o lugar elexido.
13.-PROTECCIÓN DE DATOS: Os participantes nesta edición autorizan o tratamento dos seus datos persoais entregados coa inscrición no Concurso, os cales serán usados coa finalidade do desenvolvemento da súa participación no Concurso, e indicar a autoría da obras posteriormente.
14.-DEREITO DE EXCLUSIÓN: A organización do concurso resérvase o dereito de descartar e excluír do Concurso determinadas obras:
- Cando non se axusten á temática exposta e/o a uns criterios de calidade técnica mínimos.
- Cando fosen presentadas neste ou outros concursos ou certames
- Cando se inscriban con datos falsos ou haxa indicios que razoablemente puidesen levar a pensar que os datos son falsos.
- Cando as fotografías conteñan elementos que poidan considerarse contrarios aos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, ou induzan, inciten ou promovan actuacións delituosas, denigratorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e bos costumes xeralmente aceptadas, ou á orde pública, isto inclúe cando inclúan fotografías de nenos, nenas e adolescentes sen a debida autorización dos seus representantes legais (pais ou coidadores), ou inclúan a imaxe propia de persoas que non autorizaron o seu uso para efectos do concurso.
- Cando se atopen protexidas por calquera dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros, ou sexan contrarias ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas.
- Cando poida constituír publicidade ou se incorpore no seu formato dixital virus ou outros elementos que poidan danar o normal funcionamento da rede, do sistema ou de equipos informáticos.
- Cando aparezan menores de idade sen consentimento
- Cando se incumpran as presentes bases en calquera
15.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE: O Concello de Taboadela e organización do concurso queda exonerado, non facéndose responsable respecto do incumprimento do participante de calquera garantía en materia de dereitos de propiedade intelectual, industrial ou de imaxe, así como de calquera responsabilidade que puidese derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso polos participantes no Concurso das presentes Bases. Os participantes comprométense a manter indemne ao Fondo de Cultura de calquera responsabilidade que se derive pola reclamación de terceiro con ocasión do uso, reprodución, distribución, comunicación ou calquera acto de disposición de dereitos sobre a foto do concursante.
Calquera aspecto non contemplado nestas Bases poderá ser resolvido pola organización ou os membros do xurado. As fotografías serán tratadas con coidado e respecto, pero declínase calquera responsabilidade durante o depósito e manipulación das obras na sede do Fondo de Cultura Económica.
16.- OBSERVACIÓNS: Os autores responsabilízanse da autoría e orixinalidade das obras presentadas, así como de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas, e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidese formularse. O feito de participar implica a aceptación íntegra das presentes Bases. O contido destas Bases pode estar suxeito a modificacións, que en tal caso publicaríanse coa suficiente antelación.
Concello de Taboadela