NOVAS MEDIDAS dende o venres 5 de marzo

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión de hoxe, abrir o peche da área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.O concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo.As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.

O resto dos concellos galego quedan en nivel medio.

Taboadela pasa polo tanto ao nivel medio dende o venres. Co paso ao nivel 3, permítese :

a mobilidade entre todos os concellos da provincia( excepto Boborás).

a hostelería reabre cun límite de aforo do 30% en interior e 50% en terrazas.

Permítese a reunión entre non convivintes.

O toque de queda segue a ser de 22:00 a 06:00.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo

Seguimos a espera de máis información.https://www.xunta.gal/…/sanidade-decreta-apertura-area…

Search