O banco do San Xoán


Dende o concello queremos dar a coñecer o novo banco a disposición de tod@s @s veciñ@s para observar con tranquilidade o noso concello dende o monte de San Xoán, un dos lugares emblemáticos de Taboadela. A falta de mar non é impedimento para poder observar cousas marabillosas. Que todo o mundo desfrute das vistas con tranquilidade que ofrece o banco do San Xoán.