OFERTA DE ACTIVIDADES DIRIXIDAS 2019/2020


Informamos das diferentes actividades e posibles horarios que se ofertarán de Outubro a Xuño, tanto para adultos coma para nenos (ver o listado). Todas son de 1 hora semanal con posibilidade de 2 horas se sefai grupo.

As actividades deportivas (ver o listado) realizaranse todas no pavillón, as restantes serán na futura biblioteca que se está acondicionando no segundo andar do Centro Médico.

O prezo é mensual: 5 €/ clase empadroados e 10 €/ clase non empadroados. Grupo mínimo de 15 persoas.

A actividade de debuxo e pintura (ver información do curso) é independente, sendo 3 horas os sábados de 10 h a 13 h no local de Lama de Prado. Prezo mensual: 20 € empadroados e 40 € non empadroados.
Abrimos o prazo de preinscrición ata o 13 de setembro.

Formularios: Preinscrición en actividades varias. / Preinscrición en debuxo.