concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

Orzamento do Concello de Taboadela para o exercicio 2017

Quedou definitivamente aprobado polo Pleno do concello o orzamento para o exercicio económico de 2017, polo acordo adoptado na sesión realizada o día 17 de novembro de 2016. En cumprimento do que dispón o artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, publícase o resumo deste por capítulos:
ESTADO DE INGRESOS
A) Operacións non financeiras
A.1. Operacións correntes
  • 1. Impostos directos: 213.500,00
  • 2. Impostos indirectos: 26.000,00
  • 3. Taxas e outros ingresos: 194.000,00
  • 4. Transferencias correntes: 566.000,00
  • 5. Ingresos patrimoniais: 500,00
B) Operacións de capital
  • 6. Alleamento de investimentos reais: 0,00
  • 7. Transferencias de capital: 100.000,00
  • 8. Activos financeiros: 0,00
  • 9. Pasivos financeiros: 0,00
Suma total de ingresos: 1.100.000,00 €
ESTADO DE GASTOS
A) Operacións correntes
  • 1. Gastos de personal: 345.610,00
  • 2. Gastos de bens correntes e serviços: 392.190,00
  • 3. Gastos financeiros: 2.000,00
  • 4. Transferencias correntes: 97.200,00
B) Operacións de capital
  • 6. Investimentos reais: 221.000,00
  • 7. Transferencias de capital: 0,00
  • 8. Activos financeiros: 0,00
  • 9. Pasivos financeiros: 42.000,00
Suma total de gastos: 1.100.000,00 €
CADRO DE PERSONAL
A.- Persoal funcionario:
1.- Habilitación de carácter estatal:
1.1.- Secretaría – Intervención
2.- Administración xeral:
  • 2.1.- Auxiliar de administración xeral
  • 2.2.- Alguazil-Porteiro e servizos varios
  • 2.3.- Auxiliar de administración xeral.- Adxunto Intervención
B.- Persoal laboral fixo:
  • 1 Auxiliar de axuda a domicilio (jornada completa).
  • 1 Trabajadora social (jornada completa).
  • 1 Limpadora (tempo parcial:4 horas diarias).
C.- Persoal laboral temporal:
  • 9 Auxiliares de axuda a domicilio (tempo completo).
  • 1 Auxiliar administrativo de apoio en Intervención (tempo completo).
Personal laboral temporal
  • 1 Auxiliar de apoio de axuda a domicilio.
  • 4 Peóns forestais.
  • 1 Limpadora.
Indemnizacións aos concelleiros
  • Por asistencia ás sesións do Pleno: 80,00 €
  • Por asistencia a Xuntas de Goberno Local e Comisións Informativas: 70,00 €
  • Por asistencia a reunións informativas de obras: 130,00 €.
A devandita aprobación poderá ser impugnada ante a xurisdición contencioso-administrativa, cos requisitos, formalidades e causas sinaladas no artigo 170 e 171 do Texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e na forma e prazos que establecen as normas da dita xurisdición.
O alcalde.
Asdo.: Manuel Gallego Vila.