Os Reis si pasarán por Taboadela


Estas son unhas festas atípicas marcadas pola pandemia de coronavirus, pero dende o Concello adiantamos que “os Reis si pasarán por Taboadela”. Así, o 5 de xaneiro de 2021, Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán por puntos seleccionados do Concello e recollerán todas as cartas que teñades para eles.Os horarios son aproximados pois xa sabemos que os reis sempre se retrasan un chisco… ¡Estade ben atentos para escoitalos chegar..!

Aplicarase o protocolo Covid-19 polo que será obrigatorio manter a distancia de seguridade e o uso de máscara en todo momento por parte de todos os participantes, independentemente da idade.