Paseo en bici o II Día da familia


Os aficionados da bici e dos paseos tranquilos en familia puideron disfrutar hoxe da ruta que organizou Taboadela Bike hoxe no noso concello.

Ás 10:00 máis de 70 participantes saíron da Praza do Concello para dominguear por Taboadela e facer deporte ao aire libre, aproveitando o ceo descuberto e a boa temperatura desta mañá. En total, 10 km polos sendeiros, pistas e aldeas do noso concello.

Destacar a boa organización e agradecer a todos os voluntarios a súa axuda para que todo saira perfecto.

Por suposto un gran aplauso para todos os participantes e aos mais cativos que demostraron unha vez mais o seu bo comportamento👏👏👏👏👏!

Xa estamos todos pensando na III Quedada de Taboadela Bike….verdade? Estade atentos a súa páxina👇@taboadela bike