PROXECTO SUBVENCIONADO: ACTUACIÓN DE AFORRO ENERXÉTICO NA ILUMINACIÓN PÚBLICA

Renovación da iluminación pública exterior no municipio de Taboadela da provincia de Ourense.
Actúase 409 puntos de luz dos 967 existentes, substituíndo as actuais luminarias provistas con lámpadas de vapor de sodio de alta presión, de baixa presión, de vapor de mercurio e, mesmo, de LED por luminarias LED máis eficientes, e actualizando os 5 cadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente. Con esta actuación diminuirase a potencia de 38,26 k W a 15,68 kW e conseguirase un aforro enerxético estimado do 59%.

A contía máxima total de axuda concedida ascende a 223.189,70€.

A axuda foi presentada no contexto do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (B.O.E. nº 144, do 17 de xuño de 2017), modificado polo Read Decreto 1516/2018 do 28 de decembro (B.O.E. nº 314, do 29 de decembro de 2018), o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril (B.O.E. nº 130, do 30 de abril de 2019) e o Real Decreto 1185/2020, do 29 de decembro B.O.E. nº 340, do 30 de decembro de 2020).

Search