Selección de persoal laboral temporal para o control de entradas de piscina e limpeza


É obxecto destas bases a selección dun traballador ou traballadora como
persoal laboral temporal (máximo 3 meses de duración) para realizar
principalmente tarefas de control de entradas á piscina municipal, e limpeza de servizos comúns en orde ao cumprimento dos requisitos esixidos nas NOTAS INFORMATIVAS SOBRE AS RESTRICCIONS SANITARIAS POLA COVID- 19 NAS PISCINAS vixentes en cada momento.

As funcións a desenvolver serán fixadas polo alcalde como xefe de
persoal. O ámbito de actuación será o municipal.
O contrato a formalizar é de duración determinada na modalidade de obra
ou servizo e a tempo completo.
O Procedimento tramitarase de urxencia.

Tipo e duración da provisión
O/a aspirante que, tras o remate do proceso selectivo, obteña a maior
puntuación será proposto polo tribunal de selección para a súa contratación.
O contrato de traballo subscrito extinguirase, en todo caso, coa
realización das actuacións e por un prazo máximo de 3 meses.

Descargar aquí as bases da convocatoria