Servizo de cita previa para a piscina

Como xa anunciamos, contamos abrir a piscina sobre o día 20 de xuño, e para adaptarnos as novas medidas de aforo limitado e a excepcional situación, decidimos ofrecer o servizo de cita previa para a piscina.

¿COMO FUNCIONARÁ ESTE SERVIZO?

▶️ O servizo será exclusivo para empadroados e invitados de empadroados con carné.

▶️ De 9h a 14h poderase reservar entrada soamente para o propio día, chamando a un teléfono que publicaremos. Os empadroados poderán facer a reserva para 2 días.

Con esta medida pretendemos garantir o acceso aos empadroados. Recomendamos polo tanto a todos os usuarios facer o carné para a piscina, xa que será imprescindible para ter dereito ao servizo de cita previa.

Atoparedes a documentación precisa para a tramitacion do carné na paxina web: https://concellodetaboadela.com/carne-para-a-piscina

➡️ A venta de entradas na piscina seguirá funcionando, pero estará condicionado ao aforo, e terán prioridade sempre os empadroados.

O prezo da entrada será:
■ Adultos 3€
■ Nen@s 1€

Search