SERVIZO DE IMPRESIÓN 🖨👩‍💻👨‍💻🏫


Poñemos en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares.

Se precisas imprimir as tarefas escolares dos cativos e cativas e non tés impresora ou non tés tinta, envíanos as tarefas a concello.taboadela @eidolocal.es, ou podes chamar ou enviarnos whatsapp ao número 988439315 e nós imprimímolas e acercámoschas a casa.

Para máis información 988439315 (tamén WhatsApp).

Comunica sempre a túa dirección e un teléfono de contacto para poder levarcho.

O importante é NON SAÍR DA CASA.