
🟢 Certame Virtual de Máscaras para nenas e nenos entre 3 e 12 anos! 🎭🥳
Deixa voar a imaxinación e confecciona a túa máscara ou «mascarilla» de #Entroido!
🟢 Só por participar recibirás un libro
🟢 O prazo de presentación ábrese mañá, 5 de febreiro, e remata o día 11 de febreiro.
✍️ Descarga a inscrición na web http://concellodetaboadela.com/ (tamén nas fotografías desta publicación) e envíaa cuberta xunto coa foto da túa creación ao correo 📧 bibliotecataboadela@gmail.com
📸 As fotografías enviadas difundiranse nas redes do Concello entre o sábado e martes de Entroido [13 e 16 de febreiro].
👉 De maneira paralela, co fin de manter vivo o noso Entroido e contribuír a elevar o ánimo sen perder de vista a necesidade de protexer ao máximo a saúde das persoas 👇👇👇
🟠 Entroido Virtual! 🎭🥳 Anímate e disfrazate #nacasa, e sube a foto, gif, vídeo… na publicación do facebook Taboadela, o meu Concello. dende o 13 ao 16 de febreiro. [Para persoas de todas as idades].
Porque as nosas tradicións son fortes e perdurarán no tempo, imos encher virtualmente o Concello de Taboadela de Entroido.🎭🥳
+info 👉 bibliotecataboadela@gmail.com ou Tfno: 988 20 95 66