Con moita mágoa debemos comunicar que a ruta que estaba prevista para o día 31 de Maio, queda cancelada debido ao estado de alarma polo COVID-19.
Dende o concello queremos agradecer a #Taboadelabike todo o empeño, esforzo e ilusión que mostrou para a organización deste evento.
Para o 2021 os sendeiros de Taboadela e Taboadela bike seguirán agardando a todos os apaixoados deste deporte!
Este concello seguirá apoiando estas iniciativas deportivas que permiten dar a coñecer o noso marabilloso e descoñecido entorno!