O Concello de Taboadela organiza o “Campamento de Verán 2025” coa finalidade de proporcionar actividades de carácter educativo e lúdico e facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal ao longo das vacacións de verán de xullo e agosto.
Creemos necesario dinamizar o concello con actividades infantís no periodo das vacacións escolares. Nese periodo, moitas familias teñen grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar, precisando algún tipo de atención para os seus fillos e fillas. Ademáis queren que poidan divertirse, aprender a relacionarse cos demais, compartan actividades, gañen en autonomía e sobre todo vivan novas e enriquecedoras experiencias. Por eso consideramos
necesario dende o Concello organizar un campamento de Verán para os nenos e nenas doconcello. Para desenvolver as diferentes actividades contratase como sempre a monitores/as especializados/as.
O número de prazas que conta o “Campamento de Verán 2025” será de 48 prazas por quenda. Será preciso un número mínimo de 10 nenos/as por quincena para que se desenvolva o campamento. As prazas asignaranse por orde de inscrición tendo en conta os requisitos e prioridades descritos no apartado 4 das presentes bases.
– QUENDAS
1º quincena de xullo (1 a 15 de xullo)
2º quincena de xullo (16 a 31 de xullo, agás o día 25 por ser festivo autonómico)
1º quincena de agosto (1 a 15 de agosto, agás o día 15 por ser festivo)
2º quincena de agosto (18 a 29 de agosto)
– PERSOAS DESTINATARIAS:
4.1.-Requisitos. Poderán solicitar a súa participación no “Campamento de Verán 2025” os nenos e nenas entre 4 e 16 anos de idade.
Entre aqueles participantes que cumpran os requisitos citados, terán ademais PRIORIDADE aqueles nos que se de algunha das seguintes circunstancias (que deberán estar formalmente acreditadas):
Empadroados no Concello de Taboadela
Familia monoparental
Familia numerosa
Vítima de violencia de xénero en calquera das súas formas
Mulleres en situación de desemprego de longa duración
Mulleres maiores de 45 anos
Familias nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados
Familias con rendas inferiores a 3 veces o IPREM. (unidade familiar cuns ingresos anuais
inferiores aos 21.600 euros).
De quedaren prazas valeiras valorarase a posibilidade de permitir a entrada a solicitantes que non cumpran os requisitos establecidos en función da capacidade do Concello de Taboadela e a organización e funcionamento do campamento.
4.2.- As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria sempre que teñan capacidade de integración nun grupo e que as súas necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver, o que deberá ser acreditado mediante informe médico, educativo ou social.
– LUGAR DE CELEBRACIÓN E HORARIO
O campamento desenvolverase de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00horas no Pavillón de deportes de Taboadela e demáis enclaves do concello. Realizaranse saídas en cada quincena que serán comunicadas as familias ao inicio do campamento. As familias asumirán os custe das entradas de ser o caso. Aquelas familias que non desexan participar non terán alternativa ese día.
SOLICITUDES
A solicitude para os beneficiarios formalizarase no formulario normalizado que figura como“Solicitude Campamento Verán”, e que estará dispoñible nas dependencias do concello deTaboadela e na web do concello de Taboadela, www.concellodetaboadela.com e na sede electrónica do Concello de Taboadela e serán presentadas no Rexistro Xeral, nas oficinas Concello de Taboadela (de luns a venres en horario de 09:00 horas a 14:00 horas, e luns pola tarde de 16:00-20:00 horas.), ou pola Sede electrónica deste concello dende ás 9:00 horas do día 19 de maio ata o día 30 de maio incluído.
As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación ( non se farán fotocopias nas oficinas, para axilizar o procedemento):
– Solicitude de inscrición asinada obrigatoriamente polo pai/titor e pola nai/titora.
– Fotocopia do DNI da persoa menor ou, no seu defecto, fotocopia do Libro de Familia .
– Fotocopia do DNI dos proxenitores ou dos TITORES que asinan a solicitude.
– Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa participante.
– Certificado médico no caso necesario.
– Información sobre protección de datos.
– De ser o caso, haberá que presentar a seguinte documentación xustificativa de diferentes circunstancias a ter en conta:
o Documentación xustificativa de familia monoparental.
o Documentación xustificativa de familia numerosa
o Documentación xustificativa de situación de vítima de violencia de xénero
o Documentación xustificativa de ser muller en situación de desemprego de longa duración
o Documentación xustificativa de ser muller maior de 45 anos.
o Documentación xustificativa de que existen outras cargas relacionadas cos coidados no núcleo familiar.
o Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
o Documentación xustificativa de ter ingresos familiares inferiores a 3 veces o IPREM (unidade familiar cuns ingresos anuais inferiores ós 21.600 euros).
-PRAZOS
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día 19 de maio e rematará o día 30 de maio de 2025, ámbolos dous incluídos dende ás 9:00h( tanto presencialmente como pola sede electrónica) . Fóra de prazo aceptaranse solicitudes de novo ingreso no servizo cando existan circunstancias
sociofamiliares especiais, debidamente xustificadas e haxa plazas.
Listado provisional de admitidos/as: publicarase o día 6 de xuño de 2025 no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Taboadela . (Non aparecerá relación de datos persoais , cada solicitude identificarase/ figurará co número de rexistro de entrada de dita solicitude).
Listado definitivo de admitidos e admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Taboadela o día 13 de xuño e no taboleiro de anuncios do Concello.
Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda.
En función das baixas que se produzcan na actividade, os nenos/as accederán ao campamento seguindo a orde na que figure na listaxe, o que será debidamente notificado por teléfono e/ou correo electrónico.
– PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE PRAZAS
Unha vez rematado o prazo de presentación de inscrición, adxudicaranse as prazas por orde de rexistro, tendo en conta os requisitos e prioridades descritos no apartado 4 das presentes bases. No caso de que o número de solicitudes sexa superior o de prazas ofertadas, terán preferencia os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Taboadela, así como os/as nenos/as que teñan 1 pai/nai/tutor/a empadroado/a no Concello de Taboadela cunha antigüidade de 6 meses. Tamén terán preferencia as solicitudes múltiples (dous ou máis irmáns) sobre as individuais.
Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte da listaxe de AGARDA. As solicitudes fóra de prazo indicado estarán suxeitas á existencia de prazas libres.
– PREZO
O custo da praza por solicitante é de 25 euros por neno/a e quenda.
TARIFA BONIFICADA
Bonificación: As familias numerosas e monoparentais empadroadas no concello terán dereito a unha gratuitade no terceiro irmán.
Exención: Gozarán da exención deste prezo público os menores que no seu caso sexan derivados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello.
– PAGAMENTO
Os admitidos deberán realizar o pago das taxas dende o 13 de xuño ao 20 de xuño e entregar o xustificante de pago no concello.
No caso de non abonarse o importe no prazo sinalado entenderase como unha renuncia e a lista correrá segundo a orde que resulte da entrada por rexistro.
O pago é requisito imprescindible para poder asisitir ao campamento e debe realizarse na seguinte conta do Concello: ES02 2080/5258/6431/1013/0567, mediante ingreso ou transferencia, indicando en concepto: “Campamento de Verán” e o nome e apelidos do MENOR ADMITIDO. ( PRAZO 20 DE XUÑO).
RENUNCIA DE PRAZA
As persoas solicitantes que, tras obter praza desexen renunciar a ela ANTES DE COMEZAR O CAMPAMENTO, deberán comunicalo por teléfono ao 988439315 ou por correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico c o n c e l l o . t a b o a d e l a @ e i d o l o c a l . e s antes do día 1 de xullo.
– REVOGACIÓN DO SERVIZO
Perderase a condición de beneficiario/a:
a) Por falta de pago.
b) Por renuncia do beneficiario/a.
c) Por incumprimento das normas que establece o servizo.
.DEVOLUCIÓN DO IMPORTE
Unha vez realizada a inscrición e o correspondente abono para participar na actividade, só se procederá a devolución do importe ingresado, si se xustifica con anterioridade ao inicio do campamento (mínimo 48 horas antes) e MEDIANTE CERTIFICADO MÉDICO, que acredite a imposibilidade de asistir ao campamento. A presentación de solicitude farase por escrito. En caso contrario non procederá a devolución do importe.
– INFORMACIÓN ADICIONAL
As bases para o campamento da presente convocatoria se atopan no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Taboadela.
A hora de entrada máxima será ata ás 10:00h. e a hora de saída realizaranse a partir das 13:30h. para evitar interromper o desenvolvemento das actividades.
No caso de que o comportamento dun neno/a afecte ó normal funcionamento da actividade, procederase a avisar a familia e a dar o/a neno/a de baixa. Esta baixa do neno/a non da dereito á devolución do importe pagado.
Concello de Taboadela
Concellería de Ocio, Xuventude e Tempo de lecer.
Teléfono de información: 988 439 315
Correo electrónico: concello.taboadela@eidolocal.es
Modelo de solicitude Campamento Verán 2025