concello.taboadela@eidolocal.es   |   +34 988439315
Redes Sociales :-

Biblioteca

A biblioteca municipal está situada no edificio do centro de saúde, na segunda planta, con acceso lateral pola entrada da Escola Infantil «Os Penediños».

Horario
O horario de atención ao público é de luns a venres de 9:00 a 10:00h e de 17:00 a 19:00 h.
Para cualquer consulta non dubiden en chamarnos a este teléfono
📞988 20956

📩Correo electrónico
biblioteceataboadela@gmail.com

Na biblioteca contamos cun volume de fondos de 3000 títulos aproximadamente e acceso a internet gratuito.

A biblioteca está a día de hoxe integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia o que nos permite ofertar un servizo de calidade ao cidadán, optar á subvencións e buscar melloras no servizo. Iremos ampliando día a día, sempre buscando cubrir e axustarse as demandas dos/as usuarios/as.

Entre os servizos que se ofrecen, entre outros que van surxindo pouco a pouco:

➡️ Préstamo de libros e consulta en sala. O servizo de préstamo da biblioteca permite a cada socio/a sacar 2 exemplares por un prazo de 21 días renovables a outros 21 ou ben mediante a web na rede de bibliotecas ou chamando por teléfono.

➡️ Campañas de animación á lectura ao longo do ano.

➡️ Clases de reforzo para primaria e secundaria.