Taboadela

Situación e características xeográficas

O Concello de Taboadela está situado o sur de Galicia e o suroeste da provincia de Ourense, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte co Concello de San Cibrao das Viñas; polo leste co Concello de Paderne de Allariz e o Concello de Allariz; polo Sur co Concello de Allariz e polo oeste co concello de A Merca.
A situación xeográfica é : latitude, 42º 14´ , norte, e a lonxitude de 7º 49´, oeste, sendo a altura sobre o nivel do mar de 388 metros.

Forma parte hidrográfica da rede do Miño a través do río Barbaña xunto con outros pequenos regatos. A altitude media do termo municipal e de 400 metros. con pequenas elevacións que chegan ata os 688 metros.
En canto as comunicación conta co autovía A 52 que pasa por este concello xunto coas estradas principáis N 525 e OU 320 ademáis das estradas e camiños municipáis. Conta tamén cunha estación de ferrocarril na liña Zamora Ourense.

Antecedentes a constitución do Concello de Taboadela

No primeiro tercio do século XIX no concello de Taboadela e o seu termo, houbo dous agrupamentos constitucionais que foron TOUZA E RABEDA, os dous pertecentes o partido xudicial de Maceda de Limia.
O concello da Rabeda comprendía as parroquias de Augasantas, Taboadela, Couciero e Rabeda. O da Touza comprendiá as parroquias de Touza e Torán, mentras que as parroquias que faltan de Soutomaior e a Mezquita pertencián o de Queiroanes.
Coa Reforma Xudicial de 1834 o concello de Taboadela pasou do partido xudicial de Maceda de Limia o de Allariz. Despois tivo lugar a división municipal do R.D. de 23 de Xullo de 1835.
A lista dos novos concellos xa instalados e coa a aprobación de S. M. foi publicada no que se refire ao partido xudicial de Allariz no BOPOR número 52 do 1 de Xullo de 1836, e nela aparece o concello de Taboadela da forma seguinte:

Parroquias (Xurisdiccións)

  • San Miguel de Taboadela (Allariz)
  • Soutomaior Santiago (C. de Soutomaior)
  • Rabeda Santiago (Allariz)
  • Touza San Jorge (S. Jorge de Touza)
  • Torán Santa María (Torán)

Hoxe en día no concello de Taboadela contamos cunha parroquia máis, a de Santa María de Mesón de Calvos, a cal foi creada polo bispo de Ourense na relación emitida o Ministerio de Xustiza o 21 de Marzo de 1953 e que foi segregada da parroquia de San Jorge de Touza.

Historia do escudo

O concello de Taboadela tivo en conta para a formación do escudo cinco feligresías históricas: Rabeda, Soutomaior, Taboadela, Torán e San Xurxo de Touza, xunto coa última parroquia creada que é a de Santa María de Mesón de Calvos.

Alternativa relixiosa, según das advocacións establécense catro particións:

  1. Anagrama de María (Torán e Mesón de Calvos).
  2. Lanza de San Miguel (Taboadela e San Xurxo de Touza).
  3. Cruz de Santiago (Rabeda e Soutomaior).
  4. Torre de Torán.


O escudo actual, que ten oficialmente recoñecido, é o que foi aprobado polo Decreto da Xunta de Galicia 139/1985 do 23 de maio, publicado no DOGA, número 135 do 16 de xullo de 1985.

Search