Eventos Municipais
VI CERTAME LITERARIO 2026 CONCELLO DE TABOADELA
No presente ano 2026 o Concello de Taboadela xunto coa Biblioteca Municipal organizamos a SEXTA edición do Certame de Relato Curto, dirixido aos mozos e mozas entre os 4 e 17 anos, coa intención de fomentar a escritura e a lectura en galego entre os máis novos. E, coma sempre contaremos cunha categoría para os mozos e as mozas maiores de 18 anos.
A semana do 17 de Maio, Día das letras Galegas, anunciaremos ós gañadores/as!
É unha iniciativa innovadora dentro do noso concello que vemos moi necesaria, pois a lectura e, sobre todo a arte de escribir, estanse vendo substituídas nos últimos tempos coa chegada da tecnoloxía entre a poboación máis nova.
O Certame ten o claro obxectivo de potenciar e por en valor a arte da literatura e, sobre todo, animar a que todos os mozos e mozas participen. Quen sabe se no futuro teremos a algún deles presentando o seu libro na Casa da Cultura.
Prazo de presentación: ata o 11 de Maio.
Ante calquera consulta ou dúbida podedes chamar á biblioteca:
988 20 95 66
bibliotecataboadela@gmail.com