Saúdo do alcalde

Benvidos/as á páxina web de Taboadela, onde atoparedes información de interese e utilidade sobre o concello, as súas xentes, as súas terras e o seus monumentos. Invítovos que as vexades con detemento, aínda que facendo notar que o que aquí atopedes non é máis que unha xanela que invita a pasar do virtual ó real para comprobar a máxica realidade conformada por un entorno idílico que vos enganchará para sempre.

O noso obxectivo é abrir un espazo de comunicación, diálogo e traballo, facendo da eficacia dos servizos municipais a nosa razón de ser, vinculando estes coa proximidade, a transparencia e a facilidade, para a cidadanía. Por iso, convídovos a que enriquezades este Concello coas vosas suxestións, as vosas inquedanzas, as vosas queixas e reclamacións, pois así teremos a oportunidade de darlle mellor e mais rápida resposta.

Graciñas pola vosa confianza, estou á vosa enteira disposición.

Search