Decoremos para o Nadal


Este ano gustarianos crear unha praza chea de ambiente navideño e maxia no noso concello, promovendo a concienciación medioambiental. Decoraremos a nosa Praza do Concello e para eso pedimos a vosa colaboración. A idea é ser creativos e aportar decoracións feitas a man con materiais naturais e/ou reciclados. Animámosvos tamén a decorar as vosas aldeas e a enviarnos fotos que publicaremos.

O prazo de entrega será o día 12 de decembro. Se non o podedes traer chamade ao concello para que pase a recoller o material. Podedes poñerlle o voso nome e a aldea a que pertencendes se queredes. Por suposto nós tamén aportaremos as nosas creacións

Seguro que o resultado será espectacular ..!