Nadal solidario


Hoxe preparamos os lotes de comida cos donativos da Campaña Nadal Solidario en Taboadela, grazas aos donativos de todas as persoas e entidades que colaboraron nestas datas dun xeito desinteresado co noso Concello, aportando solidariedade nun momento tan especial como é o Nadal.

Mañá realizarase a entrega a aquelas persoas e familias do concello, que están a pasar por unha situación de precariedade, que en moitos casos veuse agravada pola situación provocada pola COVID-19.O concello mostra satisfacción polo arranque da campaña neste ano especial e quere agradecer tamén a participación e complicidade dos establecementos que foron puntos de recollida como a Gasolinera de Taboadela e a MyS Supermercado en Pereiras.