O Circo Europa visita Taboadela


O día 19 de agosto o Circo Europa visita Taboadela. Instalarase nas inmediacións do pavillón polideportivo, no monte de San Xoán, nun só día de espectáculo; o luns 19.

Os prezos serán de 5 euros para os nenos e 10 euros para maiores. Mentres que os rapaces do campamento de verán terán desconto de 1 euro por parte do Circo Europa. Así mesmo o concello de Taboadela aportará 2 euros por neno inscrito no campamento, polo que o prezo final para estes será de 2 euros.