Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como aos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexen cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles. A solicitude poderase facer de forma telemática ou presencial.
No caso de escoller o proceso dixital só é preciso cumplimentar a solicitude e enviala asinada a través da Sede Electrónica.
Se prefiren facelo presencialmente no centro escollido como primeira opción , terán que cumplimentar a solicitude asinada e entregala no mesmo centro.
A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaránse antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembr