Bando: LIMPEZA DE FINCAS E SOLARES. PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 2021

En cumprimento da Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais, comunícase que se vostede é titular/propietario de solares ou parcelas situadas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural, ten a obriga de mantelas nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes do día 31 de maio de cada ano e do seguinte xeito:

Primeiro.- Se a parcela se atopa dentro dunha franxa perimetral de 50 metros ao solo urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural, así como ao redor de edificacións, vivendas iladas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalación industriais, situadas a menos de 400 metros do monte deberán estar limpas (artigo 21 da Lei 3/2007)

Segundo.- No interior do núcleo de poboación e na totalidade da franxa de protección de 50 metros dende a liña que delimita urbanísticamente os núcleos, no npoderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei como son: Piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, fentos, mimosas, xestas, carqueixa, piorno, carrasca (queiruga), silvas.

Terceiro.- No suposto de incumprimento do disposto anteriormente o Concello, de oficio ou por solicitude de interesado, enviará á persoa responsable unha comunicación na que se lle lembrará a súa obriga de xestión e limpeza da biomasa vexetal e arbórea e para facelo se lle concederá un prazo máximo de 15 días naturais, oude tres meses no caso de franxas laterales das vías de comunicación, contado dende a recepción da comunicación, coa advertencia de que para o caso de incumprimento poderase proceder á execucción subsidiaria, con repercusión dos custos da xestión da biomasa e, no seu caso, o decomiso das especies arbóreas prohibidas e retiradas pola Administración. (Argio. 22.2 da Lei 3/2007).

Cuarto.- O incumprimento desta obriga, transcorridos os devanditos prazos, determinará a incoación do corrspondente expediente sancionador, coa imposición de sancións segundo o determinado no artigo 50 da Lei 3/2007 en relación co Título VII da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Quinto.- Lémbrase que a administración pode repercutir os gastos de extinción dun incendio ás persoas responsables de non cumprir coa obriga de limpeza e xestión da biomasa vexetal e polo incumprimento das distancias mínimas, segundo as mencionadas Leis 3/2007, 43/2012 e 7/2012, d eprevención de incendios forestais e de montes de Galicia.

Xa que logo, APELANDO Á COLABORACIÓN DE TÓDOLOS CIDADÁNS INFORMO E COMUNICO DA OBRIGA de que as parcelas situadas dentro das franxas de protección a que se refiren os apartados anteriores estean limpas de maleza e desbrozadas denantes do día 31 DE MAIO de cada ano do xeito que se determina.