Onte rematou o prazo de inscrición para o campamento de verán do noso concello durante os meses de xullo e agosto.Ano tras ano, estamos vendo un aumento importante de solicitudes, superando éste as nosas expectativas. Un total de 56 inscritos e inscritas! Unha clara mostra, da importancia e necesidade deste servizo para ás familias e nenos e nenas do noso concello.
Ante a gran demanda, decidimos aumentar de 20 a 30 as prazas para o campamento, sendo o número máximo por monitor de 10 nenos.
Mañá, mércores 16 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a listaxe provisional de admitidos por quincenas.Os admitidos deberán facer o pago correspondente, ata o 25 de xuño, para confirmar a praza. De non facer o pago entenderase como renuncia.Agradecemos se comunique por teléfono a renuncia a praza para poder ocupar a praza dada a gran demanda.
A lista definitiva de admitidos publicarase o día 29 de xuño no taboleiro de anuncios do concello.